Rosa Leiro & Juan Carlos Cambas / 100 Años Manuel Lueiro Rey

06May2016

Ciudad : O Grove
Lugar : Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey
Direccion : Pasaje Monte Da Vila, 11, 36989 O Grove, Pontevedra
Hora : 19 hs


Gratis

Este vindeiro venres, 6 de maio, será un pracer volver á vila do Grove para reivindicar a relevancia de Lueiro Rey no lugar que escolleu para vivir.

Proxección do proxecto audiovisual “Lueiro Rey. 100 anos” realizado polos alumnos e alumnas do CEIP Doutor Suárez de Fornelos de Montes.
Conferencia a cargo de Ramón Nicolás (biógrafo de Manuel Lueiro Rey) “Memoria de Lueiro Rey no seu centenario”.
Actuación musical de Rosa Leiro (voz) e Juan Carlos Cambas (piano): obras musicadas de Manuel Lueiro Rey e outros autores galegos.

Durante o acto comezarase a recollida de sinaturas para solicitarlle á Real Academia Galega a concesión do Día das Letras Galegas a Manuel Lueiro Rey.